Interfecto UNHA WEBSERIE 100% FEITA EN CELANOVA

A SERIE

¡Por fin chega Interfecto a todos vos! O estabades desexando, ¿verdade? Nos os fagades os bobos que ven sabemos que si tiñades ganas de que saíra. Pero, ¿sabedes o que é Interfecto realmente?

Interfecto é unha webserie creada no Taller do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova por alumnos d o Grao de Comunicación Audiovisual en colaboración con alumnos de interpretación da Escola Superior de Arte Dramático da Universidade de Vigo.

O mellor de todo, é que foi rodada en tan solo 4 días, exactamente do 7 o 10 de Xulio de 2014 en Celanova. Se trata de un thriller policíaco cunha primeira tempada de 3 capítulos, estreada en Youtube o 6 de xaneiro de 2015, e que non podedes perderos.

Ademáis tivemos a sorte de estar nominados a Mellor webserie en lingua galega da sección oficial do Carballo Interplay 2015, gañar a Mención de Honor "Back to the future" no Bilbao Web Fest 2015, no que tamén estivemos nominados a Mellor Webserie AMETS

SINOPSE

Unha serie de asasinatos están a ocorrer en Celanova, o detective Salvador está completamente inmerso na investigación do caso pero non é capaz de realizar ningún avance. O asasinato dunha das máis importantes empresarias da vila lévao a pedir axuda a Pedro, un periodista en paro ó que despediron do periódico local por investigar precisamente a moitas das vítimas de este asasino.

Animado pola súa muller María, Pedro non só decide investigar pola súa conta estes sucesos, senón que comeza a escribir un blog onde vai publicando as súas pesquisas. Coa axuda da que fora a súa compañeira no periódico, Rosa, consegue a información necesaria para proseguir a súa propia investigación.

Tras descubrir que as mortes están relacionadas coas imaxes do coro da igrexa, Pedro decide aceptar a oferta de Salvador e axudar ó detective no seu caso.